O 12 de xuño terá lugar en Cervo unha limpeza da praia de Rueta e da contorna do río Xunco. Trátase dunha campaña de concienciación cidadá.

Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de concienciación cidadá "1m2 contra a basuraleza".

Neste 2021, celébrase o quinto aniversario do proxecto, que, a través da mobilización cidadá, regresará aos espazos naturais para retirar todos aqueles refugallos que nunca deberon chegar aí.

O vindeiro sábado, 12 de xuño, farase unha limpeza da praia e da contorna do Río Xunco ao mesmo tempo recolleranse datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais. Subministrarase no punto de encontro todo o material necesario para levar a cabo a actividade e seguiranse rigorosamente todas as medidas de prevención fronte ao covid-19.

As persoas interesadas en participar deben dirixirse a medioambiente@concellodecervo.com ou ao teléfono 615 521 390.

A actividade dará comezo ás 12 do mediodía. O punto de encontro será a praia de Rueta.