Guía tu Día organiza visitas guiadas esta Semana Santa por Ribadeo e por Mondoñedo

Con motivo da Semana Santa, Ana de Guía tu día organiza varias visitas guiadas durante a ponte festiva. 

O xoves 28 e venres 29 serán unhas visitas combinadas en Ribadeo, visitando o casco histórico e o barrio indiano de San Roque onde "coñeceremos de preto a historia do porto comercial de Ribadeo reflectido nas súas casas de comerciantes e edificios emblemáticos e a pegada que deixaron os indianos na vila coas súas chamativas vivendas". 

O sábado 30 a visita será en Mondoñedo para coñecer outro dos cascos históricos emblemáticos da comarca, rememorando as persoas ilustres que aquí habitaron e visitando o afamado barrio dos muíños "aquí desenvolvéronse os oficios que daban servizo a esta cidade grazas aos muíños e canais de auga".

Os paseos guiados terán unha duración aproximada de 2 horas. As visitas a Ribadeo serán ás 19 horas e a de Mondoñedo ás 10:30 horas.

O prezo de cada ruta é de 10 € persoa, 7€ para os menores de 18 anos e gratuita ata os 8 anos. As prazas son limitadas, previa reserva no 654 99 68 57.