Burela acollerá o tributo a Tina Turner I’m Tina, The Rock Show Experience. Será o 4 de maio

Burela acollerá o vindeiro 4 de maio no Auditorio Municipal o espectáculo I’m Tina: The Rock Show Experience en homenaxe á raíña do rock&roll, Tina Turner.

O evento terá lugar ás 21:00 horas, con apertura de portas ás 20:30,e xa é posible adquirir entradas para o mesmo de xeito anticipado no seguinte enderezo web: https://cooltickets.es/events/i-m-tina-the-rock-show-experience-burela/s...

As entradas anticipadas teñen un prezo que oscila entre os 20€ no anfiteatro e os 24 euros no patio de butacas, cantidades ás que se lle suman os gastos de xestión.

Este espectáculo nace en Tenerife da man da directora artística canaria Patricia González, Patty Baker, unha profesional do mundo da canción e o espectáculo que non dubidou en producir e interpretar a Tina Turner, amosando “toda a súa forza escénica arrolladora”.

I’m Tina: The Rock Show Experience percorre a traxectoria de Tina Turner, quen se consolidou como auténtica raíña do rock & roll despois de romper todas as barreiras. É a artista individual que vendeu máis entradas na historia e conta con once premios Grammy e 200 millóns discos vendidos.