A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha excursión a Outeiro de Rei, Bóveda de Mera e Lugo o 23 de abril.

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha excursión para este sábado, día 23 de abril, xornada na que os participantes irán a Outeiro de Rei, Bóveda de Mera e Lugo para visitar a Casa Museo Manuel María, Santalla de Bóveda e o Museo Universitario A Domus do Mitreo.

A excursión sairá ás 09:00 horas da Praza de Abastos ribadense e o regreso a Ribadeo está programado para as 19:30 horas.

A inscrición para participar pode facerse por WhatsApp no teléfono 699.80.96.06.