ACISA Ribadeo organiza unha charla informativa sobre transformación dixital, que se celebrará o 30 de xaneiro ás 9:30 horas nas instalacións do Hotel O Cabazo.
A organización empresarial programa este almorzo informativo co fin de falar sobre a transformación dixital e como se pode vender máis a través de solucións dixitais. Desde ACISA subliñan que “é preciso adaptarse ás novas tecnoloxías, de aí a importancia de celebrar charlas coma este que teremos a vindeira semana”.
A conferencia será impartida por Jesús Otero Díaz, responsable de Negocio Dixital do Banco Santander en Lugo, que ademais presentará a ferramenta que ten o propio banco para chegar a ese obxectivo.
ACISA Ribadeo anima a todos a participar nesta xornada, tanto comerciantes como hostaleiros e dos sectores de restauración e servizos. O seu presidente, Francisco Iriarte, cre que “é moi importante coñecer as ferramentas e as estratexias para conseguir aumentar as ventas dos nosos negocios, e esta charla pode axudarnos moito”.
O xerente de ACISA, Jesús Pérez, subliña que “as persoas interesadas en asistir é conveniente que se inscriban xa que o aforo é limitado. Poden anotarse a través do seguinte correo electrónico info@acisaribadeo.es”.