Foz inaugura esta tarde o seu cuarto Mercado da Ilusión. Estará aberto na Rúa Xoán Montes ata o martes 30 de decembro, en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00 horas.

Foz inaugura esta tarde o seu cuarto Mercado da Ilusión. Estará aberto na Rúa Xoán Montes ata o martes 30 de decembro, en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00 horas.

 

O Mercado da Ilusión de Foz abre a partir das 17:30 horas desta tarde as súas portas na rúa Xoán Montes. Nel participarán sete artesáns que poñerán a venda os seus produtos, ata o martes 30 de decembro, noutras tantas casetas de madeira decoradas especialmente para a ocasión con motivos de Nadal. O Mercado da Ilusión focense chega así a súa cuarta edición e poderá visitarse de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que "no día de hoxe inauguraremos o Mercado da Ilusión de Nadal, que organiza o Concello de Foz. Será a partir das 5 e media da tarde na rúa Xoán Montes, cun cambio de situación que quixemos facer para tratar de levar o mercado preto das dúas rúas máis comerciais de Foz: a Avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro. A rúa Xoán Montes é peonil e une estas dúas avenidas, o que augura moita máis actividade e máis presenza de rapaces".

O responsable municipal comentou que "queríamos seguir con esta iniciativa, que dá ao pobo un ambiente de Nadal moi bonito. Instaláronse sete casetas de madeira que estarán decoradas e ambientadas no Nadal e nelas estarán situados sete artesáns que este ano decidiron vender os seus produtos de artesanía aquí, no noso concello. Farano hoxe dende as 17:30 da tarde e ata as 21:00 horas da noite, e durante estes días 27, 28, 29 e 30 de decembro dende as 11:00 da mañá, ata as 14:30 da tarde, e de 17:00 a 21:00 horas da noite". Javier Castiñeira aproveitou a ocasión para "dar as grazas dende o Concello a todos os que participedes e desexarvos felices festas, bo Nadal, que gocedes da compañía da familia e dos bos amigos e que teñades un feliz ano 2015".