Viveiro

Etiquetas:
02/03/2024

A alcaldesa María Loureiro convida a veciñanza "a participar nas actividades para conmemorar esta data tan sinalada e importante, para seguir loitando pola igualdade plena entre homes e mulleres e construír deste xeito unha sociedade mellor". 

Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, destaca a importancia de conmemorar este día "para recoñecer tanto os avances feitos ata o momento en materia de igualdade de xénero e feminismo como para reivindicar os que aínda están por facer". 
A programación comezará o propio día 8 de marzo co acto institucional do Día Internacional da Muller e a lectura do manifesto ás 12:30 na praza Maior. 

Ao día seguinte, o sábado 9, terá lugar ás 20:30 a representación da obra 'Boa sorte, mala fama' no Teatro Pastor Díaz ás 20:30, e, ás 22...

leer más
Etiquetas:
01/03/2024

O complexo cultural RegalXunqueira, no municipio de Viveiro, acolle desde este venres, 1 de marzo, ata o 31 deste mes unha exposición de pinturas do artista Xolo titulada “Arte con Futuro”.

Xosé López Losada, de pseudónimo Xolo, naceu en Ourol o 8 de abril de 1967 e explica: “a arte é toda a miña vida. Comeza a miña carreira artística aos 5 anos. Aos 8 anos merco as primeiras acuarelas e fago unha copia dunha obra de Velázquez. En 8º de EXB gaño un premio de postais de Nadal no Concello de Ourol e outro de carteis do Día das Letras Galegas.

En 2º de BUP pinto os bastidores dunha obra de teatro. En COU pinto o mural das salas de audicións do Centro de ensinanzas integradas.No ano 1987 trasládome a Salamanca para estudar Belas Artes, onde conseguín matrícula de honra no primeiro curso de Universidade. A finais do...

leer más
Etiquetas:
01/03/2024

CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 3 DE MARZO

VIERNES 1
-Políticamente incorrectos – 21:00 horas
-Madame Web – 21:00 horas
-Ferrari – 21:00 horas 

SÁBADO 2
-Kung Fu Panda 4 – 18:30 horas
-Políticamente incorrectos – 21:00 horas
-Madame Web – 18:30 horas
-Bob Marley: One love – 21:00 horas
-Boonie Bears. Regreso a la tierra – 18:30 horas
-Ferrari – 21:00 horas 

DOMINGO 3
-Políticamente incorrectos – 17:45 y 20:00 horas
-Madame Web – 17:30 horas
-Bob Marley: One love – 20:00 horas
-Boonie Bears. Regreso a la tierra – 17:30 horas
-Ferrari – 20:00 horas 

28/02/2024

A Banda Municipal de Música O Landro, de Viveiro ofrecerá un concerto acompañada pola mezzosoprano Sonia Bouzada e o barítono Gabriel Alonso no Teatro Pastor Díaz este sábado, 2 de marzo, ás 20:30 horas. A entrada é de balde

“Prepárense para unha experiencia musical inesquecible co Concerto Adral, organizado pola Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro e que leva por título "A paixón según San Marcos", de Jacob de Haan, onde a voz da mezzosoprano Sonia Bouzada, a do barítono Gabriel Alonso e as apaixonantes palabras do noso narrador Javier Franco en conxunto, contrastan e compleméntanse de maneira harmoniosa, creando un espectáculo auditivo emocionante e conmovedor. Tamén faremos a estrea da Marcha procesional "Ecce-Homo de los Franceses", gañadora do II Concurso de Marchas Procesionais Blas García Liz, e a entrega do premio ao...

leer más
Etiquetas:
28/02/2024

Dende o xoves día 29 de febreiro ata o sábado 2 de marzo serán 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata ó 70 en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos. 

Para facelo máis chamativo unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os produtos e os fantásticos descontos que teñen. A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fan que sexa todo un reclamo para os clientes que poden atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas. Participan locais de moda, calzado,...

leer más
27/02/2024

O pavillón Antonio Tarrío, de Viveiro, acollerá este sábado, día 2 de marzo, o XLV Campionato Galego Sénior de Bádminton, organizado polo Club Bádminton O Cembedo, en colaboración coa Federación Galega de Bádminton e co Concello de Viveiro.

“Agradecemos o traballo do Club O Cembedo para organizar esta cita con arredor de cen xogadores sénior en Viveiro, polo que animamos á veciñanza a desfrutar da competición”, asegura o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez.

Etiquetas:
27/02/2024

O clown Roi Borrallas chega o vindeiro domingo, 3 de marzo, a Viveiro co seu espectáculo “Solo”, destinado para nenas e nenos a partir de cinco anos. Será ás 18 horas no Teatro Pastor Díaz. 

O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mestura a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a trastenda deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa.

 

Etiquetas:
26/02/2024

Viveiro acolle os meses de febreiro e marzo o programa Xunt@s da Deputación de Lugo, unha iniciativa coa que o goberno provincial busca impulsar a participación cidadá e o asociacionismo. E este venres, 1 de marzo, celebrarase unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables ás 17:00 horas na sala multiusos do Concello.

O Concello de Viveiro sumouse a esta iniciativa da Deputación de Lugo para fomentar o arraigo e a sociabilidade entre a veciñanza, intercambiando experiencias e fomentando as actividades.

“Son iniciativas e actividades para todas as idades, pero bastante enfocadas nas persoas maiores, que son unha prioridade para nós", explica a alcaldesa, María Loureiro.

Etiquetas:
26/02/2024

O Concello de Viveiro, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM), organiza concursos de fotografía e de debuxo escolar, conmemorativos do Día Internacional da Muller. O prazo para presentar os traballos remata o 8 de marzo.

Por unha parte está o Concurso de Fotografía Amateur Traballos e Mulleres, dirixido a fotógrafos/as afeccionados non profesionais e que sexan maiores de idade. “A temática das fotografías debe ser a muller e o traballo en calquera ámbito da vida, tanto público como privado, para visibilizar e concienciar sobre o papel da muller en todos os sectores da nosa sociedade”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Convocouse tamén o Concurso de Debuxo Escolar Mamá Traballadora, dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Viveiro. “A...

leer más
Etiquetas:
25/02/2024

A compañía Talía Teatro presentará a obra titulada “Unha inimiga do pobo” o sábado 16 de marzo ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. Estaba programada para o pasado sábado, 24 de febreiro, pero tivo que ser aprazada debido á baixa por enfermidade dun dos actores, explicou o Concello de Viveiro. 

“Unha inimiga do pobo” é un drama para público adulto, ten unha duración de 90 minutos, o director é Tito Asorey, que tamén fixo a adaptación xunto a Vanesa Sotelo, e o elenco está formado por Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo e Xurxo Barcala.

Talía Teatro explica que “Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material...

leer más