Trabada

Etiquetas:
17/07/2023

O vindeiro venres, 21 de xullo, terá lugar en Trabada unha sesión do Cine na Rúa. Nesta ocasión coa recente película de Disney “Encanto”. A proxección do filme será ás 22.30 horas na praza do concello.

A película é unha fantasía musical para toda a familia. Conta unha historia especial sobre a importancia da familia e os talentos de cada persoa. Para máis información, existe a web www.cinenarua.com. O Concello agarda por todos e todas para desfrutar desta xornada cultural.

Etiquetas:
07/07/2023

O Concello de Trabada informa da apertura da piscina municipal, que desde hoxe estará en funcionamento de 11:00 a 21:00 horas.

Haberá cursos de natación para os nenos e nenas que participen no campamento de verán e tamén para os adultos, en horario de 19.30 a 20.30 horas de luns a venres.

Un ano máis, as dificultades para atopar socorristas pola normativa da Xunta de Galicia e a demora na comunicación da resolución de concesión da subvención retrasou uns días a apertura.

“A principios do mes de marzo solicitamos a concesión da subvención para a contratación do socorrista, pero non obtivemos a notificación da concesión por parte da Xunta ata o 14 de xuño, que incluía un prazo de contratación que remataba o 14 de xullo”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

... leer más
Etiquetas:
17/05/2023

O vindeiro 30 de maio o Concello de Trabada recupera a Feira de San Fernando.

A programación para esta xornada será a seguinte:
- Ás 12:00 horas misa na Capela de San Fernando en Valboa.
- Dende as 12:00 horas exposición de gando.
- Ás 14:00 horas comida campestre servida polo Catering Chao dos Navais. A venta dos tickets será ata o 21 de maio nos locais de hostalería do Concello.

Toda a xornada estará amenizada polo Cuarteto Illa Pancha.

Desde o Concello sinalan: “agardámosvos a todos e a todas para desfrutar desta feira que durante moitos anos serviu de encontro de veciños e veciñas de diferentes parroquias do noso concello e tamén de concellos limítrofes”.

 

Etiquetas:
10/04/2023

A praza do Concello de Trabada acollerá a cuarta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada o día 7 de maio, domingo, a partir das 12:00 horas.

Ademais de degustación da enfariñada, haberá mercado de produtos locais de proximidade e as actuacións musicais de Cuarteto Seimeiro, Airiños da Freba e Luar na Lubre. 

“Unha proposta gastrocultural que, abofé, hai que subliñar no calendario”, din os organizadores do evento, que promove o Concello de Trabada coa colaboración da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
30/03/2023

Mariña Patrimonio organiza unha actividade para o próximo sábado, día 1 de abril, co fin de coñecer o patrimonio de Trabada. En xornada de mañá, está previsto achegarse ao marco da Pena Verde, ás mámoas das Pallaregas e visitar a Igrexa de Vilapena e mailo Museo Etnográfico de Rocha, en Trabada. Tralo xantar, no mesón Camiño Norte de Trabada, visitarase a igrexa de Sante e finalmente rematará a xornada cunha visita a un obradoiro dunha ceramista local.

A data para apuntarse rematou xa, pero se algunha persoa máis quere participar,  comuniqueo o antes posible a mr.patrimonio@gmail.com para facilitar a organización da actividade. O itinerario do autobús será, desde Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Trabada.

Para máis información e coñecer os...

leer más
Etiquetas:
23/02/2023

O Concello de Trabada organiza o próximo día 8 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller, un curso de Autodefensa para Mulleres ante Situacións Violentas.

A Escola de Vilapercide acolle esta actividade, que se desenvolverá en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

A inscrición pódese formalizar xa nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982.135.011. 

O obxectivo deste curso de defensa persoal feminina é “procurar que as mulleres do concello de Trabada aprendan técnicas de autoprotección e protocolos básicos para mellorar a seguridade”.

 

Etiquetas:
05/02/2023

O Concello de Trabada anuncia que o próximo venres, 10 de febreiro, haberá Cantos de Taberna nos tres bares do concello e explica: “contaremos cun grupo en cada establecemento así que se queredes disfrutar de unha noite diferente, con música e bo ambiente non podedes faltar”.

Será de 20:00 a 23:00 horas e no mesón Camiño Norte actuará Mestura de Nete, no bar O Porfirio cantarán Os Humedos del Eo e na Taberna da Curuxeira estarán Cantantes da Moncloa.

Etiquetas:
01/02/2023

O vindeiro sábado, 4 de febreiro, o grupo de teatro O Bordelo representará a súa obra “O covid do mariñán".

Será as nove da noite na Casa da Cultura. “Trátase da menciña para esquecer os males do mundo”, tal e como indican desde O Bordelo. 

Etiquetas:
16/01/2023

A asociación cultural O Picato convocou o concurso para o cartel anunciador do Entroido de Trabada. Para participar hai que presentar os traballos no Spar Express de Trabada e o prazo remata o 3 de febreiro, venres, ás 20:00 horas.

Cada participante no concurso pode entregar un máximo de dúas obras e o premio para o gañador é de 50 euros, que recibirá o 4 de marzo, durante a entrega de premios do desfile de Entroido, que se celebrará ese día.

Todas as obras que se presenten ao concurso serán expostos na Casa da Cultura de Trabada.

 

Etiquetas:
08/11/2022

A  cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, chegará este sábado, día 12, a Trabada. Coñecer o pasado de Trabada será posible con esta ruta, unha das mellores maneiras de coñecer a historia e como era a vida antigamente. Inclúe a visita ao Museo Etnográfico Xosé Rocha e tamén a ruta de sendeirismo da Fraga da Vilapena. Alí os participantes entrarán na igrexa, que conta con interesantes retablos, un renacentista e outro barroco. Manuel Anllo Centeno será o guía que os acompañará. 

A Mariña en Ruta seguirá o día 19 cunha visita ornitolóxica á ría de Foz. E o 26 de novembro rematará esta nova edición de A Mariña en Ruta con A vida aos pés da Ría de Foz-Masma (Barreiros). 

O pasado sábado, día 5, Lourenzá foi a protagonista de A Mariña en Ruta. Os asistentes visitaron terras pertencentes ao...

leer más