O Valadouro

19/03/2022

Os edís nacionalistas do Concello do Valadouro, Eduardo Chao (área de cultura) e Eliseo Teijeiro (área de deportes) presentaron ao público o ambicioso programa do Mercado de Primavera de 2022.

Despois de dous anos de parón por mor da pandemia COVID-19, o concello do Valadouro a través da concellería de cultura volve a organizar o tradicional Mercado de Primavera que nesta ocasión contará con máis de 60 postos entre os que se contará con numerosas demostracións de oficios tradicionais, pero tamén se contará con varios postos de alimentación e artesanía.

O acto principal da xornada consiste na recuperación dun mercado tradicional como os que deron a orixe a principios do século pasadoávila de Ferreira, pero tamén se contará con varios actos e complementos para dar variedade á xornada.

Deste...

leer más
20/02/2022

Volve de novo o Entroido ao Valadouro con forzas renovadas. Despois da paréntese forzosa pola situación sanitaria, regresa unha das máis celebradas tradicións festivas no val onde a imaxinación desbordante, as gañas de diversión e de festa dos veciños e visitantes enche as rúas da vila.

O 27 de febreiro será o desfile, o 1 de marzo terá lugar o Entroido infantil e o 5 de marzo haberá coplas e celebrarase o enterro da sardiña. 

 

23/01/2022

O vindeiro 5 de febreiro celébrase no Valadouro a III Feira de Razas Autóctonas Galegas. O evento dará comezo ás 10 da mañá no aparcadoiro municipal, a carón da piscina. Haberá máis de 4.200 euros en premios nas diferentes categorías establecidas.

A inscrición pode facerse no e-mail concurso@valadouro.gal, na Casa da Cultura do Valadouro entre o luns, 24 de xaneiro, e o mércores 2 de febreiro ata as 20:00 horas, pola sede electrónica do Concello do Valadouro.

As persoas interesadas poden obter máis información no seguinte número de teléfono: 982 57 15 16 ext. 1 (luns a venres de 9:30h. a 13:30h. e 16:00h. a 20:00h.)

Organiza o Concello da Valadouro coa colaboración da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, Acruga, Asoporcel, Puraga, Club...

leer más
Etiquetas:
02/01/2022

Desde a organización explican: “os do grupo Humorístico Trípode adoitamos organizar unha gala solidaria polo Nadal. Este ano, aínda que estamos inactivos no aspecto teatral, xuntamos a 6 cantantes amigos para que creen espectáculo e arte musical no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro. Será o vindeiro sábado, día 8 de xaneiro, ás 19,00 horas, seguindo escrupulosamente as normas Covid ditadas para esa data. No transcurso da Gala musical recolleranse donativos para a agrupación de Cáritas de Alfoz e O Valadouro. Manifestámoslle o noso sincero agradecemento aos cantantes participantes, así como á sección de Cultura do Concello do Valadouro pola súa axuda e a cesión do local da Casa da Cultura para actuar”. 

Juan Novás é o autor do cartel. E os artistas participantes son: 

ÁLEX BARREIRA.
...

leer más
Etiquetas:
29/12/2021

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro continúa coa súa programación de Nadal coa actuación de Pablísimo que presenta O arquivo do chibo. A función, dirixida ao público familiar, terá lugar este xoves, 30 de decembro, ás 18:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro. 

O arquivo do chibo é unha fabulación libre arredor do conto clásico de Os sete cabuxos e o lobo. Presenta cantigas de lobos esfameados, fábulas de cameiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos que serven de viñetas para contar, a xeito de banda deseñada, este clásico actualizado empregando monicreques, xoguetes, sombras e moita cachifallada.

 

21/12/2021

Co obxecto de contribuír ó ambiente de Nadal nas rúas da vila nestas datas tan sinaladas, o Concello do Valadouro organiza o II CONCURSO DE BALCÓNS, VENTÁS, FACHADAS E ESCAPARATES da Vila de Ferreira.

O prazo de inscrición será dende o día 17 de decembro ó 23 de decembro de 2021, ás 20:00 horas. A decoración de balcóns, ventás, fachadas e escaparates deberán estar expostos, polo menos, entre os días 23 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022.

 PREMIOS: 

 1º PREMIO: 300 €.
 2º PREMIO: 250 €.
 3º PREMIO: 200 €.
 4º PREMIO: 150 €.
 5º PREMIO: 100 €.

Consulta as bases e descarga o modelo de inscrición aquí  
https://cutt.ly/FY177oI

Etiquetas:
18/11/2021

O grupo Teatro de Ningures presenta a obra O OGrocho este domingo, 21 de novembro, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Sociocultural Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo do Valadouro.

A obra, dirixida ao público familiar, representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque apartado da comunidade. O día que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño senón tamén no seu instinto, é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada. O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconciliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demais. Para elo ten que superar tres probas.

Baseado na obra de Suzanne Lebeau,...

leer más
09/11/2021

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa para este sábado, 13 de novembro, en colaboración co Concello do Valadouro, a obra “O Lazarillo do Miño”, do grupo Os Pinchacarneiros, no Centro Sociocultural Manuel Lourenzo ás 20 horas.

O clásico Lazarillo que todos coñecemos dá paso a unha versión á galega, en concreto saída da capital lucense e representada con 13 actrices e actores sobre o escenario, nunha proposta destinada a todos os públicos.

Así, varios Lazarillos localizados nas terras do Miño, amosan unha realidade poboada de xentes de todo tipo, cregos nada caritativos, ricos que son máis ben mendigos, xente que se aproveita da boa fe dos demais ou persoas que loitan por ter un codelo de pan que levar á boca. Neste contexto, os diferentes lazarillos deberán tirar do seu...

leer más
Etiquetas:
27/10/2021

No concello do Valadouro celébrase o 30 de outubro, sábado, o Samaín, un costume de orixe celta, que representa a fin do verán.

Entre as actividades previstas para Samaín a Delegación de Cultura do Concello do Valadouro organiza uns obradoiros, nos que se decorarán cabazas, haberá manualidades, etcétera. Comezarán ás 11:00horas e recoméndase inscrición previa.

Pola tarde, de 17 a 20 horas, con parte dos elementos elaborados pola mañá, organizarase a Festa do Terror, “con moitos xogos, photocall, contos de medo, música, baile e moitas ganas de pasar unha tarde terrorificamente divertida. É moi recomendable acudir disfrazado.
Todas estas actividades están ideadas para realizar nas instalacións da Casa da Cultura e aínda que son de tipo familiar as idades ideais están entre 3 e 12 anos”, explica a organización...

leer más
Etiquetas:
10/10/2021

O vindeiro domingo, 17 de outubro, terá lugar no Valadouro un curso de iniciación ao mundo dos fungos, que será impartido pola Sociedade Micolóxica Lucus.

De 9:30 a 13:30 horas haberá unha clase teórico – practica na escola de agricultura ecolóxica do Valadouro.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse chamando ao 982574000 en horario de 9 a 14 horas. As prazas son limitadas.

A actividade está organizada pola Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño. Colabora o Concello de O Valadouro.