Festa

Etiquetas:
06/02/2024

Alfoz celebra unha festa de Entroido o luns 12 de febreiro no pavillón municipal. Está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, que conta coa colaboración do Concello.

Estará amenizada pola discomóvil Eventec e haberá novos premios na categoría de comparsas e charangas.

A organización anuncia: “o luns 12 de febreiro tedes unha cita no pavillón de Alfoz. Ás 19:30 horas abrimos inscricións e ás 21:00 comeza o desfile. Non o podes perder! Se queres participar nel, podes consultar as bases no seguinte enlace:
https://drive.google.com/.../1QARtsK9WX7xE2xvocTi.../view... Contaremos con bocadillos quentes, para quen queira encher o bandullo!”.

Etiquetas:
14/01/2024

Miles de persoas seguiron o sorteo da XIII Festa do Comercio, de Acisa Ribadeo, celebrado na noite de onte nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro. En xogo estaban 6.000 euros en vales de premios para gastar nos negocios locais asociados ao colectivo empresarial ribadense. 

-O 1º premio, de 2.500 euros foi para Naroa Penedo Rodríguez 
-O 2º  premio, de 1.500 euros correspondeulle a Isabel Aguado Yáñez 
-O 3º premio, de 1.000 euros foi para Rosa Mª Díaz López
-O 4º premio, de 500 euros correspondeulle a Luis Vieira Crespo
-O 5º premio, de 250 euros foi para Miguel Ángel Cima Álvarez
-E o premio non presencial, de 250 euros, foi para o número 158.296 (entregado en la Farmacia Álvarez Lebredo) 

A noite arrincou co sorteo do premio non presencial, no que entraron as 170.000...

leer más
Etiquetas:
11/01/2024

Este sábado, 13 de xaneiro, terá lugar a XIII Festa do Comercio de Acisa Ribadeo, que repartirá 6.000 euros premios. O sorteo será nas carpas instaladas na Avenida Rosalía de Castro. 

Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, explicou que “chega unha data moi importante para Acisa, chega un ano mais tras o Nadal o sorteo presencial da Festa do Comercio, que se realiza coas rifas entregadas durante toda esta campaña comercial de Nadal en Ribadeo, que deu comezo o pasado 1 de decembro. O sorteo comezará ás 20:30 horas, pero a urna estará instalada dende as 17:00 horas para que todos os veciños e veciñas poidan depositar as súas rifas nela con tempo e non ter que facer cola a última hora”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “como todos os anos haberá cadeiras para que a xente mais maior poida seguir o...

leer más
Etiquetas:
10/01/2024

A parroquia focega de Santa Cilla celebrará a oitava edición da súa Festa dos Callos este sábado, 13 de xaneiro, a partir das 21:00 horas no local social, con calefacción. Está organizada pola Asociación Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Foz.

Haberá cea con empanada, callos, sobremesa, bebidas (viño, gasosa e auga), pan e café. O prezo por persoa é de 25 euros, pero para os nenos e nenas de ata 12 anos é gratis. 

O baile estará amenizado por DJ Disco SLS.

As prazas son limitadas e poden facerse as reservas a través dos teléfonos 670.50.91.69 (Pepe), 622.41.04.90 (Pacucho) ou 661.70.24.06 (Ánxel Paleo)

 

09/01/2024

No local dos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante (Barreiros) celebrarase a III Festa do Caldo, organizada pola Comisión de Festas San Rosendo, o sábado 27 de xaneiro a partir das 21:00 horas.

O menú consistirá en caldo e compago, auga e viño, postre e café. O aforo é limitado e os tickets para participar están a venda en locais de San Miguel de Reinante ata o 23 de xaneiro.

A organización anuncia: “este ano temos novidades, a sobremesa e o café pasan a estar incluídos no prezo do menú, que será de 20 euros para os adultos e de 10 euros para as pícaras e pícaros ata os 12 anos incluídos. Coma sempre, tedes as entradas á venda nos establecementos de San Miguel que colaboran connosco habitualmente. Esta edición estará amenizada polo Dúo Estrellas; animádevos que de seguro que habemos de pasar unha noite...

leer más
Etiquetas:
04/01/2024

Desde o Concello de Xove explican que “a Cabalgata está previsto que comece ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata  ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc. Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha festa infantil no pavillón cunha discoteca móbil. e despois,….. a esperar os Reis”.

... leer más
Etiquetas:
30/12/2023

Cervo daralle a benvida ao 2024 cunha festa na Praza dos Campos, en San Ciprián. Na carpa alí instalada haberá animación musical a partir das 01:30 horas a cargo de Alma Latina e DJ Medusa.

Etiquetas:
28/12/2023

O Concello de Riotorto, coa colaboración de asociacións veciñais e culturais do municipio, organiza un baile de fin de ano, que terá lugar no centro sociocultural Avelino Díaz, nas Rodrigas, a partir da unha da madrugada do día 1 de xaneiro de 2024. A entrada é gratuíta.

Haberá verbena amenizada polo dúo Belinda, servizo de bar e ás 05:30 horas servirase chocolate gratis.

 

Etiquetas:
27/12/2023

O local das Asociacións da Pontenova acollerá unha festa de aninovo para dar a benvida ao 2024. Está organizada polo colectivo Centro de Iniciativas Turísticas coa colaboración do Concello da Pontenova.

Empezará á unha da madrugada do día 1 de xaneiro e haberá música a cargo de DJ Bombardero.

 

Etiquetas:
27/12/2023

A Área de Cultura do Concello de Alfoz, organiza para despedir o ano e desfrutar das vacacións de Nadal, unha festa infantil-xuvenil os días 29 e 30 de decembro no Pavillón Municipal. 

“De 17:30h a 20:30 horas teremos inchables, xogos, o 29 Touro Mecánico e o 30 Láser Tac para todos, de xeito totalmente gratuíto e sen inscrición previa”, explican desde Cultura.