Concursos

Etiquetas:
02/04/2020

O Concello de Foz acaba de convocar dous novos concursos on line: a segunda edición do de fotografía na casa e a terceira edición do de debuxo. Neste caso a temática é reducir, reutilizar e reciclar. O prazo para entregar os traballos comezou hoxe, xoves, e remata o día 14 deste mes ás 23:59 horas. Hai que envialos á dirección de correo electrónico concurso@concellodefoz.es.

O 15 de abril daranse a coñecer os gañadores e publicaranse as obras recibidas na páxina de facebook do Concello, onde xa están as bases dos dous certames.

No segundo concurso de fotografía na casa poden participar todas as persoas empadroadas no concello de Foz e hai tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adultos (maiores de 18 anos).  As fotos deben ser de dentro da...

leer más
Etiquetas:
01/04/2020

A Delegación de Educación e Cultura do Concello de Foz deu a coñecer hoxe, mércores, os premiados nos concursos on line de fotografía, poesía e debuxo convocados a semana pasada e que contaron con cerca de cen participantes.

Despois de rematar onte, martes, o prazo para o envío dos traballos o concelleiro de Educación e Cultura, Héctor Moris, destaca a gran participación nos certames e agradece a colaboración da empresa focense Xaora Fotógrafos por doar os premios do concurso de fotografía.

O listado de premiados é o seguinte:
POESÍA ADULTOS:
María Victoria Varela Varela.

POESÍA INFANTIL:
1-Alina Rodríguez Dorrego.
2-Pablo García Martínez.

FOTOGRAFÍA ADULTOS:
1-Manuel Pardo.
2-Julio López Janeiro.

FOTOGRAFÍA JUVENIL:
1-Antón Ramos Blanco.
2-Daniela Ramos Manfugás...

leer más
Etiquetas:
26/03/2020

O Concello de Foz acaba de convocar tres novos concursos on line: de fotografía na casa, de poesía e a segunda edición do de debuxo. O prazo para entregar os traballos comezou hoxe, xoves, e remata o vindeiro martes, día 31, ás 23:59 horas. Hai que envialos á dirección de correo electrónico concurso@concellodefoz.es.

O 1 de abril daranse a coñecer os gañadores e publicaranse todas as obras recibidas na páxina de facebook do Concello, onde xa están publicadas as bases dos tres certames.

No concurso de fotografía na casa poden participar todas as persoas empadroadas no concello de Foz e hai tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adultos (maiores de 18 anos).  As fotos deben ser de dentro da casa ou feitas desde a ventá.

... leer más