Teatro

Etiquetas:
03/04/2024

O grupo Teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), reinicia as súas actuacións. Este sábado, 6 de abril, estará na Casa da Cultura de Trabada, dentro dos circuítos teatrais que organiza o Concello. 

Será ás 21:00 horas. O Centiño representará “Trepa, Tripa e Tropa”, unha crítica sobre a forma de vivir e sobre os defectos humanos.

 

Etiquetas:
30/03/2024

O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o espectáculo Depende, do actor Sergio Pazos, o domingo 7 de abril ás 20:30 horas.

As entradas, que teñen un prezo de 10 euros, están á venda na web https://lagranentrada.com/.../sergio-pazos-depende-en...Tamén se poderán mercar na Casa do Viejo Pancho e na taquilla do auditorio o día da actuación.

Etiquetas:
29/03/2024

O coñecido actor Carlos Blanco ofrecerá un monólogo en Burela o sábado 6 de abril. Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20:30 horas.

As entradas están á venda anticipadamente na web www.ataquilla.com a un prezo de 12 euros. E tamén poderán mercarse o día da actuación no despacho de entradas da Casa da Cultura a 15 euros.

 

Etiquetas:
29/03/2024

Desde Ollomao indican que “estamos arrancando a tope con actividades para esta primavera e para que non vos esquezades de ningunha, aí vos vai un resumo. Non están todas as que serán, pero sí as máis próximas. Na variedade está o gusto e temos para todos”.

O vindeiro domingo, 31 de marzo, ás 18 horas nas Escolas de Celeiro de Mariñaos terá lugar Botámoslle un conto? As rondallas de Celeiro.

Para o 7 de abril na Escolas Vellas de San Miguel de Reinante está previsto a presentación do obradoiro de teatro a partires das 17 horas. 

E xa o 20 de abril Ollomao viaxará ata O Valadouro para representar O traballo de Andrea. 

 

Etiquetas:
26/03/2024

O salón de actos do Centro Cívico de Xove acollerá a representación do conto musical infantil titulado “Unha perla no mar”. Será este mércores, 27 de marzo, ás 19:00 horas. É unha actividade organizada pola asociación Prestoxove e patrocinada polo Concello de Xove.

Na representación participará alumnado da 33ª edición do curso de Formación Orquestral de Semana Santa, da Escola Municipal de Música de Xove e membros de diversas asociacións do concello que colaboran nesta actividade.

 

Etiquetas:
24/03/2024

O vindeiro martes, 26 de marzo, a picaraxada ten contacontos da man de Miguel Guido e “O lobo feliz”.

Trátase dun contacontos con humor e música pensado para un público de 3 a 8 anos, pero do que pode gozar toda a familia

As protagonistas son historias de lobos feroces…É tempo de lobos que buscan a felicidade ouveando á lúa!

O contacontos terá lugar na Casa da Cultura ás 12:00 horas, con entrada de balde. 

Etiquetas:
19/03/2024

A Casa da Cultura de Burela acollerá a representación da obra de teatro de monicreques Güela-Güela, de Galitoon. Está dirixida a un público infantil e familiar e a entrada ten un prezo de 3 euros. Será ás 18:00 horas deste sábado, día 23 de marzo.

Trátase dun espectáculo baseado na obra Concerto de aves, de Frans Snyders, moi visual e cargado de música e emocións. Narra as aventuras de Güili, unha pequena cegoña. 

Etiquetas:
18/03/2024

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta en Burela a obra de teatro “O traballo de Andrea”, orixinal de Ignasi García Barba, con tradución e adaptación de Ramón Casas Oroza. Será na Casa da Cultura este venres, 22 de marzo, ás 21:00 horas.

É un representación para público adulto e o prezo das entradas é de 5 euros. Venderanse a partir das 20:00 horas.

 

13/03/2024

A compañía Os Monicreques de Kuka presentará o seu espectáculo “Viva Vivaldi (1, 2, 3 e catro estacións)” en Ribadeo este domingo, 17 de marzo. Será ás 17:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.

O prezo da entrada xeral é de 5 euros e para menores de 12 anos será de balde.

O Concello de Ribadeo explica que é un “espectáculo para público familiar coa música de Vivaldi inspirando pequenas historias que valoran a importancia da natureza e a amizade. Unha pintora (Maruxa), unha escritora (Rosalía) e un músico (Antón), crean un mundo fantástico e poético cunhas marionetas tratadas cunha paleta de cores brillantes e contrastadas”.

 

Etiquetas:
12/03/2024

Redrum Teatro presenta a obra titulada #2pilgrims, con Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo, en Burela este venres, 15 de marzo. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas e as entradas teñen un prezo de 4 euros.

O Concello de Burela explica que é “unha comedia chea de sorpresas e momentos hilarantes que ten como obxectivo achegar, a través do humor, unha fonda reflexión sobre a igualdade e as novas masculinidades”.
 
“Queremos convidar ao público novo a reflexionar sobre o machismo que impregna a nosa sociedade”, sinalan dende a compañía. Por esta razón a obra forma parte da programación do Concello de Burela polo Día da Muller.

Redrum Teatro foi creada no ano 2009 por mozos e mozas procedentes do sector audiovisual e nace coa clara intención de ofrecer alternativas creativas que axuden ao desenvolvemento da...

leer más