Música

Etiquetas:
14/12/2023

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un Concerto de Nadal o día 21 de decembro, xoves. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.

Etiquetas:
14/12/2023

O auditorio da Casa da Cultura da Pontenova acollerá o Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música pontenovesa este domingo, 17 de decembro, ás 19:00 horas.

Etiquetas:
13/12/2023

A Banda de Música O Landro de Viveiro ofrecerá un concerto de Nadal o sábado 23 de decembro ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.

Esta actuación leva por título “Polo Nadal, solistas!” e a entrada é de balde.

Está organizado pola Banda de Música O Landro de Viveiro coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Viveiro.

Etiquetas:
12/12/2023

O XXXII Concerto de Panxoliñas organizado pola Coral Polifónica de Burela celebrarase este domingo, 17 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura burelesa.

Ademais da organizadora actuarán a Coral Polifónica de Ribadeo e a Coral Polifónica Alborada, de Viveiro.

Etiquetas:
27/11/2023

O Concello de Alfoz organiza un Concerto de Nadal para o día 9 de decembro ás 19:00 horas no salón de actos da Casa de Cultura.

Os asistentes poderán gozar do repertorio de Nadal da Banda de Música de Lourenzá.
A entrada é libre e de balde.

Etiquetas:
24/11/2023

O IX Festival de Jazz & Blues de Ribadeo desenvolverase do 2 ao 9 de decembro. Están programados catro concertos no Auditorio Municipal. As entradas están xa á venda. Na presentación participaron o alcalde, Deni Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. 

A edil ribadense contou que “do 2 ao 9 de decembro terá lugar en Ribadeo a novena edición do Festival de Jazz & Blues. Temos programados 4 concertos, que serán no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:30 horas. As entradas xa se atopan á venda en www.ataquilla.com O prezo oscila entre os 10 e os 15 euros”. 

Sanjurjo explicou que “o día 2 estará en Ribadeo Andrea Motis, o 6 de decembro gozaremos de Drumless Trío, o día 8 contaremos coa actuación de The Cinelli Brothers e o 9 culminaremos esta novena edición...

leer más
Etiquetas:
20/11/2023

A Asociación Cultural Musical Dambara, de Burela, organiza a Festa da Música, que se celebrará este sábado, 25 de novembro desde as 13:00 horas ata a noitada.

Neste evento, que terá lugar na Praza da Mariña e está patrocinado pola Delegación de Cultura do Concello de Burela, actuarán 17 formacións musicais e tamén haberá Foliada Libre, Noitada DJ, xantar ás 14:30 horas e cea ás 21:00 horas.

 

20/11/2023

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 22 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cilla, patroa dos músicos. Trátase da primeira actividade que realiza dentro dos actos de conmemoración do 30 aniversario do centro.

O responsable da EMMeD, Hugo García, explicou que “polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras de moi diferentes estilos. Agrupacións de vento, tecla, percusión, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto. Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 16 de decembro tamén no auditorio e no que participarán preto de 400 alumnas e alumnos”.

A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, anima “a...

leer más
Etiquetas:
20/11/2023

A Casa da Cultura de Riotorto acollerá a quinta edición do festival que organiza a coral da localidade este sábado, 25 de novembro, ás 19:30 horas.

Ademais da Coral de Riotorto actuarán o coro Airiños do Mar, de Barreiros, e a coral Areosa, de Narón.

Nesta actividade colaboran o Concello e asociación de amas de casa de Riotorto.

Etiquetas:
18/11/2023

A Banda de Música de Foz celebrará o seu 30 aniversario cunha cea baile o 25 de novembro, sábado. Será na Sala Bahía a partir das 20:00 horas.

O evento empezará co concerto da Banda focega para conmemorar a festividade da patroa dos músicos, Santa Cilla, no que estarán acompañados pola asociación folclórica e cultural A Subela e varias voces. Para asistir a esta actuación a entrada é libre. Despois terá lugar a cea e a continuación haberá baile amenizado polo grupo Toxo Guayaba e  Eventec Discomóvil.