Charlas

18/03/2015
El Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo organiza una charla sobre el primer Conde de Fontao y su relación con la provincia de Mondoñedo.
 
El Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo organiza este sábado, 21 de marzo, a las ocho de la tarde una charla de Prudencio Viveiro Mogo, que llevará por título “Aristócrata revolucionario: o primeiro conde de Fontao. A súa relación coa provincia de Mondoñedo”.
Prudencio Viveiro Mogo (O Valadouro 1974) es licenciado en Geografía e Historia por la Universidad de Santiago de Compostela, grado de licenciado con la tesis de licenciatura “Os comezos da administración liberal na provincia de Lugo”, diploma de estudios avanzados en el programa de doctorado “Estudos Contemporáneos” de la USC. 
 
17/03/2015
Este xoves, 19 de marzo, haberá unha charla en Ribadeo titulada "As Catedrais tamén xacemento arqueolóxico".
 
Con motivo do roteiro que terá lugar esta fin de semana este xoves, 19 de marzo, Mariña Patrimonio e outras asociacións ecoloxistas e patrimoniais organizan unha charla informativa en Ribadeo na Casa das Letras ás 20.30 horas co título “As Catedrais tamén xacemento arqueolóxico”. 
Os organizadores explican que “alí darase cumprida información sobre o forno romano de Esteiro, a canle e as vetas auríferas das Catedrais así como da presenza de minas romanas na Mariña”.
 
Etiquetas:
16/03/2015
A Asociación Cidadá contra a Letra Pequena (Con Lupa) preséntase este martes, 17 de marzo, en Foz.
 
Mañá martes, día 17 de marzo, ás 8 da tarde, no salón de actos do CENIMA de FOZ presentase na Mariña a Asociación Cidadá contra a Letra Pequena (CON LUPA). 
Entre os fins de esta asociación está o de organizar actos e debates públicos para informar, e denunciar se é preciso, aqueles servizos ou produtos que se están prestando ou comercializando sen a debida transparencia e que espertan dúbidas ou carrean graves prexuízos para as persoas afectadas.
Esta nova asociación, que ten ámbito de actuación provincial, nace froito da experiencia vivida na loita contra as preferentes e subordinadas, e está impulsada por persoas que proceden da plataforma que estivo dirixindo esta loita na zona centro de Lugo, pero o seu obxectivo e chegar a...
leer más
Etiquetas:
14/03/2015
A asociación de veciños O Tesón, de Ribadeo, impartirá o 18 de marzo unha charla sobre a eclipse de sol que se poderá ver a vindeira fin de semana.
 
O próximo mércores, 18 de marzo, ás 20 horas a AVV O Tesón ten previsto usar o salón de presentacións da Casa das Letras para realizar unha charla sobre a observación da eclipse de sol do 20 de marzo.
Segundo explican "falarase do que é unha eclipse, as características da eclipse en Ribadeo e os métodos de observación, habida conta que mirar ó sol, con ou sen eclipse, sempre é un perigo para a vista. A charla será a preparación para a observación da eclipse, e será impartida por Antonio Gregorio Montes".
Desde O Tesón sinalan que "o comezo da eclipse será ás 9 e 7 minuto , e a fin, ás 11 e 20 minutos, despedíndose a eclipse de Galicia. O máximo será ás 10 e 11 minutos, momento no que as tres cuartas partes do Sol non se poderán...
leer más
Etiquetas:
13/03/2015
O 18 de marzo haberá en Mondoñedo unha charla sobre a vespa velutina. Será no Centro Comarcal.

 

O Centro Comarcal de Mondoñedo acollerá o vindeiro día 18 de marzo, ás 20 horas, unha xornada sobre a vespa velutina. Nesta charla explicarase como comportarse ante a presenza da vespa, a súa vixiancia e control e tamén haberá unha demostración da elaboración de trampas. O acto esta organizado polo Sindicato Labrego Galego, Asociación Galega de Apicultura e o Concello de Mondoñedo.

09/03/2015
En Lourenzá terá lugar unha charla informativa sobre o funcionamento do banco de terras. Será o venres 13 e correrá a cargo de Carlos Díaz Redondo.
 
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla informativa sobre o funcionamento do Bando de Terras este venres, día 13, ás 20:30 horas. Correrá a cargo do enxeñeiro agrónomo de BANTEGAL Carlos Díaz Redondo.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou que “seguindo co ciclo de charlas que mensualmente fai o Concello, este venres, día 13, ás oito e media da tarde teremos un acto moi importante tanto para agricultores como para gandeiros e tamén para aquelas persoas propietarios de terras que non as utilicen na actualidade. A charla leva por título O Banco de Terras: o seu funcionamento e estará impartida por un enxeñeiro agrónomo do BANTEGAL, Carlos Díaz Redondo”.
A rexedora municipal explicou que “é moi importante...
leer más
Etiquetas:
27/02/2015
Acia Burela e Mariña Patrimonio organizan unha conferencia sobre os castrexos e as súas costumes. Será o vindeiro 6 de marzo na sala de conferencias.
 
MariñaPatrimonio e ACIA Burela, coa colaboración do Concello de Burela, organizan o venres 6 de marzo a conferencia : “Castrexos. Quen eran? Como vivían? Como vestían?” que contará coa intervención do arqueólogo Eduardo Ramíl Rego, director do Museo Arqueolóxico de Vilalba. 
Con este acto, pensado como anticipo á IV Festa Castrexa que se celebrará no mes de xullo, preténdese facilitar ao público información sobre os costumes e aparencia dos castrexos, para que  participantes, membros dos clans e todo aquel que queira achegarse, conten con datos e detalles da man dun experto, que se centrará de maneira especial na indumentaria dos homes e mulleres que habitaban os castros. 
A conferencia “Castrexos. Quen eran? Como vivían? Como...
leer más
Etiquetas:
26/02/2015
Este venres, 27 de febreiro, será en Viveiro o debate sobre as posibles intervencións a realizar na praia de Covas. O acto está organizado por Pensamento e Sementeira.
 
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeria convocou un debate arredor das posíbeis intervencións no areal de Covas que terá lugar este venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, na Praza Maior.
Os cambios, acentuados agora por efeito das últimas vagas de mar e as transformacións producidas nos  últimos anos no medio, que ocuparon todo o sistema dunar, construíndo espigóns e canalizacións,   deron lugar a escaseza de area e ao desequilibrio da praia. 
O porto de Celeiro diminuiu drásticamente a enerxía das ondas do mar que rompen no areal provocando a perda de area no sector occidental que é transportada lonxitudalmente de oeste a este. 
Estes...
leer más
Etiquetas:
18/02/2015
O Concello de Lourenzá organiza unha charla sobre os perigos de internet. Será o 24 de febreiro ás oito e media da tarde.
 
O salón de actos da Casa do Concello acollerá  o vindeiro martes, 24 de febreiro, ás 20:30 horas unha charla informativa sobre os perigos de internet e como navegar seguros pola rede. Será pronunciada polo dinamizador TIC Javier Reigosa, segundo deu a coñecer hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez.
A rexedora dixo que “o vindeiro martes, 24 de febreiro, dento do ciclo de charlas que organiza o Concello todos os meses teremos unha conferencia ás oito e media da tarde no salón de actos da Casa do Concello. Leva por título Perigos de internet: “Navega segur@” e o poñente será Javier Reigosa, dinamizador TIC”. 
Emma Álvarez agarda que “esta charla sexa de interese tanto para a xente nova como para a xente maior, xa que cada vez é máis a que...
leer más
Etiquetas:
15/02/2015
Pensamento e Sementeira organiza un debate arredor do estado do areal de Covas. Será o 27 de febreiro na Biblioteca Municipal de Viveiro.
 
O colectivo viveirés xa ten data para a celebración do debate arredor do estado actual do areal de Covas. Será o venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas, na sala da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior.
Segundo explican desde Pensamento e Sementeira "as modificacións que está a sufrir o areal son motivo de preocupación para a veciñanza. É por iso que organizamos este debate". No mesmo intervirán as seguintes persoas:
-Alexandre García, biólogo.
-Andrés Díaz Ferro, práctico do porto de Celeiro.
-J. Pino, capitán de pesca.
-Tamén se cursou un convite para participar no debate á Demarcación de Costas de Lugo...
leer más