A Deputación de Lugo promociona A Mariña colaborando coa saída da Volta a España desde Viveiro. Será o 24 de agosto.

A Deputación de Lugo promociona A Mariña colaborando coa saída da Volta a España desde Viveiro. Será o 24 de agosto.
 
O Presidente, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro,María Loureiro, o Director de la Vuelta Ciclista a España 2016, Javier Guillen, e a Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentaron este mércores a 5ª etapa desta proba deportiva que ten como saída o concello de Viveiro. O 24 de agosto terá lugar a saídaneutralizada ás 13:10 horas dende o camping de Viveiro, e percorrerálugares emblemáticos da provincia como Cervo, Burela, Foz, Ribadeo, Trabada, e a capital da provincia Lugo, que acolle a chegadadesta etapa.
 
O Presidente sinalou que oorganismo provincial colabora neste evento deportivo cunha aportación económica de 55.000 euros, remarcou que esta cifra “é un investimento para promocionar a Comarca da Mariña de Lugo”. Explicou que “é unhaoportunidade única para promover a provincia de Lugo, de norte a sur e de este a oeste”. A participación neste evento deportivo “é unha boa mostra da colaboración entre os concellos da provincia e a Deputación de Lugo para promover e impulsar o noso territorio”.
 
Campos Conde dixo que a volta ciclista España “será un escaparate único e especial, e unhaoportunidade económica  para  toda a provincia de Lugo, para amosar as nosaspaisaxes, o noso patrimonio cultural, arqueolóxico e artístico, e para desfrutar da nosa apreciada gastronomía”. Remarcou que esta cita move a máis de 20.000 espectadores de media por etapa e congrega a máis de 1.400 xornalistas de lugares comoAlemaña, Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Camerún, Canadá, Colombia ou Costa Rica, entre moitosoutros.
  
A volta, que celebra a súa 71 edición, atravesará de norte a sur a provincia lucense o 24 e 25 de agosto. Concretamente, o día 24 comezará a etapa número 5 no Concello de Viveiro e finalizará na cidade de Lugo. Posteriormente, o 25 arrancará de Monforte de Lemos a 6 etapa, que rematará en Luíntra e que atravesará a Ribeira Sacra.
 
Oportunidade mediática excepcional
Pola súa banda a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiroagradeceu a organización do evento o interese e o esforzo por facer posible a celebración desta etapa ciclista na vila. Lembrouademais que “non só se benfeciaráViveirosenón toda a Comarca da Mariña, xa que a publicidade que xera este evento deportivo é mundial”. Ademaisremarcou o revulsivo económico que vaisupoñer na Mariña “xa que segundo os propios datos da organización teñen previsto que se movanarredor de 140.000 euros en gastos como hoteis, transportes, gasolinas ou consumos propios”. 
 
Loureirodixo que Viveiro estará preparada para recibir esta cita deportiva tan importante “que espera ilusiónante  e con moitas expectativas para a economía local”. Ademaissinalou que esta será unhaoportunidade mediática excepcional para prromocionarViveiro.
 
Javier Guillen, Director de la Vuelta España 2016, señaló que la salida de la etapa “se convierte en una auténtica fiesta del ciclismo, donde los espectadores pueden interrelacionarse con los deportistas. Es un verdadero espectáculo y una oportunidad única para disfrutar del ciclismo en vivo y en directo”. Explicó que disputarán la prueba 22 equipos entre los que espera a los mejores ciclistas de la temporada.
 
5ª etapa cualificada como llana ,contacunpercorrido de 170 km
A 5ª etapa desta volta nova edición da Vuelta ciclista a España, con saída no centro de Viveiro, é cualificadapola organización como unha etapa “llana”, e contacunpercorrido de 170 km, epercorrerá lugares emblemáticos da provincia como Cervo,Burela, Foz, Ribadeo, Trabada. A meta será na cidade de Lugo, na Muralla. Cabe lembrar que a cidade do Landroxaacolleuunha etapa desta proba ciclista, no ano 2007. Naquelaedición realizouse o percorrido de Viveiro a Luarca, o 3 de setembro.
 
Repercusión nas redes sociais
Dende a organización da Volta Ciclista España sinalan que, a repercusión online do evento é indiscutible, xa que a páxina web oficial da Volta ten 3,7 millóns de visitantes únicos de todas as partes do mundo e contatamén con máis de 165.000 seguidores en Facebook e 175.000 en  Twitter, cifras que aumentan mes a mes, o que garante unhaampla difusión do evento e, polo tanto, de toda a provincia de Lugo.
 
Delegada Territorial da Xunta
Arias subliñou que “a volta ciclista é un importante escaparate para o sector turístico da Mariña, dado a enorme repercusión mediática do evento, que se retransmite ata en 190 países”, e fixo especial fincapé no retorno económico que xerará para comarca. Neste senso, lembrou que “o ano pasado, La Vuelta a España, deixou en Galicia uns 4 millóns de euros.
  
O día 25 de agosto, La Vuelta continuará pola provincia de Lugo cunha nova etapa que partirá de Monforte de Lemos percorrendo boa parte da Ribeira Sacra lucense.